Matilde naceu o 22 de febreiro de 1919 en Baamorto, Monforte de Lemos (Lugo). Morre o 7 de setembro do ano 2009 en Ourense.
Seu pai Sergio Sánchez Rodríguez (Baamorto, Monforte1881, labrador) e súa nai Josefa Vázquez Yebra (Belesar, Chantada, Lugo, 1889, súas labores). Os avós paternos Ramón Sanchez (Baamorto, Monforte) e Balbina Rodríguez (Moreda Monforte). Os avós maternos Camilo Vázquez Pérez (Belesar, Chantada) e Ramona Yebra Conde (Vilamarin, Ourense). Foron 7 irmáns, case todos Mestres e que traballaron na empresa farmaceútica familiar Yebra.
Casou con Carlos Criado Martin (profesor Doutor de Física e catedrático e Director da Escola de Maxisterio de Ourense. Tivo 3 fillos Carlos (profesor de Química de Instituto), Ana (farmacéutica, bióloga e profesora de Instituto) e Teresa (Profesora de Historia de Instituto)
Estudos primarios e de bacharelato
Fixo os estudos de primaria en Baamorto, Lugo.
O bacharelato no Instituto de Ourense e obtén o título de bacharelato o 12 de Xuño de 1942 en Ourense.
Estudos universitarios
Fixo os estudios de Farmacia na facultade de Santiago de Compostela durante os cursos de 1941 a 1951.
Fixo o depósito do título o 30 de Xullo de 1951. Recibiu o título o 12 de febreiro de 1952.
Carreira Profesional
Abriu a oficina de farmacia en Ourense farmacia del Couto en Ervedelo 53 e exerceu ata a súa xubilacion en 1998.
Fixo a oposición de Inspectora Farmacéutica titular pero non exerceu como tal.