Un proxecto de Egeria

  • Lugo

Mercedes Fernández Penedo

Profesora de Matemáticas.

Naceu en Lugo o 14 de xaneiro de 1915, e morreu o 5 de outubro de 2009.

Seus pais foron Luciano Fernández Fernandez, (León, catedrático de Matemáticas do Instituto de Segunda Enseñanza de Lugo desde 1905 ata 1927) e Mercedes Penedo Fouce (Lugo, ama de casa). Tivo dous irmáns: Luciano (catedrático de Segunda Enseñanza de Matemáticas e inspector) e Isabel (mestra). Casou en 1937 con José Asorey Segond (1912, Santiago de Compostela, médico dermatólogo e urólogo). Tivo cinco fillos: Mercedes (funcionaria do corpo de Técnicos de Facenda), Jose María (doutor en Neuropsiquiatría), Luciano (enxeñeiro industrial), Emma (funcionaria do Corpo de Xestión da Administración do Estado) e Antonio (médico urólogo).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou Primaria en Lugo e ingresou no Instituto de Segunda Enseñanza no ano 1925.

Estudos universitarios

Estudou na Facultade de Ciencias de Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela entre 1933 e 1936. A Guerra Civil interrompe os seus estudios, que rematará no curso 1939-40.

Carreira profesional

Foi nomeada profesora encargada de curso do Instituto Femenino (creado por decreto de 9 de outubro de 1939, e que tardou un par de anos en funcionar) no curso 1941-42 para a materia de Matemáticas. Posteriormente é nomeada profesora axudante interina de Matemáticas no curso 1945-46. Pertenceu á RSEFQ mentres estudaba en Madrid, presentada por Alonso e Gutierrez.

Despois dese curso deixa a profesión para adicarse á súa familia.