Un proxecto de Egeria

Otilia Castiñeira Puente

Médica e primeira analista.

Naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 12 de agosto de 1925, e morreu o 28 de outubro de 2012.

Seus pais foron Jesus Castiñeira Ferreiro (San Pedro da Ramallosa, Pontevedra, ferroviario) e Aurelia Puente Rodríguez (Monforte de Lemos). Tivo tres irmáns: Mercedes (mestra), José (veterinario) e María Aurelia (ama de casa).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Fixo a Primaria na Academia Saco, de Monforte de Lemos. En canto ao Bacharelato, estudou na Academia Pito Rey de Monforte ata terceiro, no Colexio Divina Pastora de Monforte cuarto e quinto, e no Instituto de León o sexto curso, para preparar finalmente na Academia Saco de Monforte de Lemos o sétimo curso e a Reválida.

Estudos universitarios

Estudou na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela de 1942 a 1953. Na sua promoción, das once mulleres matriculadas, só catro se licenciaron en Medicina. Foi compañeira de Celia Touza Pérez (A Pobra do Brollón, odontóloga) e de Eugenia Valcarce Quiroga (Samos, non rematou a carreira).

Carreira profesional

Inicialmente foi analista nun laboratorio privado propio en Monforte de Lemos durante 30 anos (1954-1985). Despois foi médico analista no Ambulatorio de Monforte de Lemos (en datas descoñecidas) e no Hospital Comarcal de Monforte, desde 1986 ata a súa xubilación en 1995.

Tamén exerceu como anestesista na Clínica Virgen de la Luz e no Sanatorio Raíces, ambos en Monforte de Lemos, durante aproximadamente 20 anos.

Pertenceu a Asociación Española de Biopatología Clínica de Galicia desde 1977.