Un proxecto de Egeria

  • Vilalba

Rosa Nistal Reñones

Farmacéutica.

Carmen Rosa Nistal Reñones naceu en Vilalba o 22 de decembro de 1916, e morreu en Madrid o 12 de xaneiro de 1988.

Seus pais foron Francisco Nistal (León, empresario) e Dominga Reñones (León, ama de casa). Tivo tres irmás e un irmán, todos eles empresarios. Casou con Ramón Currás Nistal (industrial) e tivo cinco fillos: Ramón (enxeñeiro superior de Telecomunicacións), Domingo (licenciado en Historia Moderna e Contemporánea), Carmen Rosa (licenciada en Farmacia), Antonio (licenciado en Bioloxía) e Jesús (licenciado en Economía).

Estudos de Primaria e Bacharelato

Estudou a Primaria en Vilalba, e a Secundaria no Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de Vilalba e no Concepción Arenal de Ferrol, entre 1932 e 1938.

Acadou un premio extraordinario en 1936, nunha convocatoria na que xa figuran tres mulleres e tres homes, o que indica un grande avance na preparación das mulleres.

Acadou a cualificación de Sobresaliente (Matrícula de Honor) no cuarto curso en Vilalba (curso 1936-37), e de novo en Ferrol en 1938.

Estudos universitarios

Fixo a carreira de Farmacia na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela desde 1939 ata 1942, acadando o título o 21 de xullo de 1943.

Carreira profesional

Tivo a primeira oficina de Farmacia en Madrid na rúa Velázquez 150, no ano 1952, e posteriormente no ano 1958 trasladouna á rúa Joaquín Costa 47.

Outros datos

Exerceu como xefa do Laboratorio de Revelado de Radio Televisión Española (Prado del Rey, Madrid) ata a súa xubilación no ano 1981.