Naceu o 4 de maio de 1902 en Castroverde, e morreu en Madrid o 23 de setembro de 2001.
Seus pais foron Camilo Santiso Cela (Neira de Jusá, médico) e Pura Ferreiro Fernández, (Lugo, ama de casa). Tivo catro irmáns, tres mestras e un médico.
Casou con Ricardo Pascual González (farmacéutico) e tivo dous fillos: un médico e unha nena que morreu adolescente.
Estudos de Primaria e Bacharelato
Foi á escola de Castroverde, onde fixo a Primaria. Estudou o Bacharelato no Instituto General y Técnico de Lugo.
Estudos universitarios
Estudou na Facultade de Farmacia de Madrid desde 1921 ata 1926.
Carreira Profesional
Exerceu na oficina de Farmacia de Castroverde desde o 21 de marzo de 1934 ata o 9 de abril de 1938.
Desde o 29 de abril de 1939 ata o 29 de maio de 1940 exerceu na oficina de farmacia de Baleira (O Cádavo).
Novamente desde o 30 de maio de 1940 ata o 26 de xullo de 1966 exerceu na oficina de farmacia de Castroverde.
Foi nomeada farmacéutica titular do Concello de Castroverde o 2 de xuño de 1941, e foi a colexiada número 135 do Colexio de Farmacéuticos de Lugo.
Exerceu de inspectora municipal desde o 2 de xuño de 1941 ata 10 de xuño de 1966.