Naceu o 5 abril de 1919 en Lugo, e morreu en Lourenzá o 4 xaneiro de 2011.
Seus pais foron Isidoro Valcarce López (Cacabelos, León, industrial en Lugo) e Isidora Pestaña Amigo (Cacabelos, profesora na Escola de Maxisterio de Lugo). Tivo seis irmáns: María Luisa (licenciada en Químicas e mestra), Trinidad (licenciada en Químicas e mestra), Lucio Isidoro (fiscal), Emma Pilar (licenciada en Farmacia e mestra), Fernanda (licenciada en Pedagoxía e Psicoloxía, e inspectora de Ensinanza Media) e Jose Luis (enxeñeiro superior de Camiños, Canais e Portos e empresario).
Casou con Alfredo Vázquez Rodríguez (terratenente), e tivo dous fillos: Alfredo Isidoro (administrativo) e Victoria Elena (licenciada en Farmacia que exerce na farmacia da súa nai en Lourenzá). A súa neta Elena é hoxe a farmacéutica de Vilanova de Lourenzá.
Estudos de Primaria e de Bacharelato
Estudou Primaria en Lugo e nesta mesma cidade fixo o Bacharelato, no Instituto de Segunda Enseñanza. Fixo a carreira de mestra na Escola Normal de Lugo, e obtivo o título o 30 de abril de 1952, exercendo despois de mestra en Castro de Ribeiras de Lea durante un tempo.
Estudos universitarios
Estudou a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en tan só tres anos, de 1939 a 1942.
Carreira profesional
Tivo a oficina de farmacia en Santiago durante un ano, na rúa Preguntoiro. Despois abriu a oficina de farmacia en Vilanova de Lourenzá, onde traballou desde o 24 de febreiro de 1954 ata a súa xubilación.
Anotou en cadernos os productos e receitas que usou na farmacia e que a súa filla conserva e aportou as fotos das mesmas a este estudo.
Inspectora de Sanidade
Foi inspectora de Sanidade de Vilanova de Lourenzá desde o 1 de xaneiro de 1954 ata 1984.
Foi ademais Inspectora Farmacéutica Municipal de Vilanova de Lourenzá, Suplemento del BOE nº258, 14 de Septiembre de 1956, Escalafón de Farmacéuticos Titulares, Inspectores Farmacéuticos Municipales, onde figura co nº 3114 cun ano de antiguedade.